A sección estivo en Sada

Escrito por Alberto el 19 Xullo 2010 – 10:31 pm -


O pasado domingo, 18 de xullo, a fin de cumprir ca invitación dos nosos veciños, Os Patexeiros de Sada, duas embarcacións da Ria, representando o noso club, decidiron darse unha madruga pra acudir a cita.

O domingo tocaba madruga, cousa non moi de agradecer, pero o dia despexado e unha lixeira brisa na ria, parece que axudaban a obediencia o despertador, dado que a cita era pra unha da tarde, hora moi discutida por certo, e tema de debate pra navegación.

Xa as nove da maña as embarcacións estaban listas pra iniciar a navegación cara o porto veciño.


Puxemos proa cara o castelo de San Felipe, cun vento que animaba a calar o “xapones” e izar velas, e ainda que se intentou, o final oubo que desistir e optar por continuar co “boreo”.



Na outra marxe da ria o castelo da Palma vixia a saida da ria, e facil deixar voar a imaxinación e situado entre ambo los dous castelos, as imaxes de antigas batallas navais pola posesión da ria.



E xusto enfrente A Palma, coma vixiandose, a estribor deixamos San Felipe, co seu fermoso pobo cara as portas do castelo, e lugar de lecer pra moitos ferrolans xa que e un enclave precioso pra pasar unha tarde de pesca dende os seus muros.




Mais pequeno, quizas por iso menos coñecido, un pouquiño mais alo pola marxe de estribor, saudanos o paso o castelo de San Carlos, cun estado de abandono que e moi facil de escudar nistes tempos de crisis pero a memoria lembranos que dito estado comenzou en tempos mais de “ledicia”. E tamen coñecido polos navegantes da ria coma o “Dios te ama” celebre pintada que apareceu no seus muros, e pola frase deberian de ser grandes amantes das suas ideas e dioses, e pouco amantes do noso patrimonio.


E chegando O Segaño, que o poñerlle “abrigo” ca forma de espigón do porto exterior, cubre os ventos e mar que sobre as suas pedras ian morrer, e unha das marcas tradicionais dos mariñeiros, xa co cor do mar nas rocas amosaba xa dende o canal o estado do mar que un iase encontrar fora.



Deixando pola popa a nosa ria o fin podemos ollar os primeiros cantis da ria de Ares, co pobo de Sada no fondo.



O Canouro foi fiel compañeiro de viaxe, incluidos un par de remolques, xunto co Pajarito foron os encargados niste dia de representar o noso club.




As primeiras bateas de Lorbé, anunciaban que Sada estaba cerca, e as horas do dia facian ver xa os mexillos cocidiños o carón dunha botella de un bo branco fresquiño, seria o calor que “lorenzo” esparcia sobre as nosas testas, faltas de “flora” por outra parte, facendo ferver as nosas testas e ideas.



E o fin chegamos a Sada, o noso destiño final, e punto de encontro pra os que alí acudimos, a isas horas a brisa da maña desaparecera por completo e o sol apretaba con forza.



Despois de varias chamadas de aviso pra saida deu comenzo, cos poucos que ata alí achegamos, da nova edición da Copa Balbina 2010.






    E a falla do “escrutino” final O Sorio foi o gañador dunha regata na co vento foi parte dos que non apareceron moito, seguido moi de preto polo Pajarito e O Canouro de terceiro.




O final da regata, “tostados” polo sol, as tres embarcacións amarramos na darsena e xuntos apagamos o calor, do tempo non da “batalla” cunhas cervexas moi de agradecer, enchimos a despensa, baixo nosos peitos, e tras saborear as frescas bebidas e xantar os pratos da terra, pagamos o que debiamos e os tres fixemonos o mar un rumbo a Ares outros rumbo a Ferrol.

Tras parada do “xapones”, e falta de bebida no outro, tocou tempo de izar de novo as velas, e fixemos entrada na nosa ria co silencio que impón o vento, pero isto e conto pra outra concentración







Publicado en Ruladas, Xeral | Non hai Comentarios »

Proxecto DORNA.

Escrito por Alberto el 27 Xuño 2010 – 1:01 pm -

A pasada semana, membros da Sección de Vela Tradicional do Club, mantiveron o primeiro contacto cas representantes do Proxecto DORNA (desarrollo organizado y sostenible de recursos do noroeste atlantico, ver enlace nista paxina). Istes contactos teñen coma finalidade a organización, nas datas do encontro da Parrocheira, de diversos actos e mostras a fin de fomentar e difundir o noso patrimonio.

A nosa sección, e a FGCMF, está xa a traballar pra organización do evento, do que algúns xa o definiron coma unhs “mini encontros de embarcacións tradicionais de galicia”. E ainda que a maioria do traballo está por facer, espera xuntar no peirao de Curuxeiras unha mostra de todas as tipoloxias de embarcacións que a dia de hoxe surcan as nosas rias.

A organización do Encontro da Parrocheira  conta co apoio, coma en anos pasados, da Autoridade Portuaria de Ferrol, que iste ano está a celebrar o seu centenario, encadrando istes actos ca celebración do mesmo.

Non quedan mais que agradecementos pra Autoridade Portuaria, DORNA, FGCMF, e a todolos participantes nos encontros que celebranse nas nosas rias, que coa sua axuda e traballo está a colaborar co mantemento do noso patrimonio e cultura maritima. Non quedan mais que agradecementos e traballo no que todos estades invitados a participar.



Publicado en Ruladas, Xeral | Comments Off

II Copa Balbina de vela tradicional.

Escrito por Alberto el 27 Xuño 2010 – 12:20 pm -

   Chegan novas dende a veciña Ria, Os Patexeiros de Sada, asociación de recente entrada na FGCMF, està a organizar a II edición da Copa Balbina de vela tradicional, a que invitanos a todos a participar.

   Ainda que o tempo ten que decir a última palabra, xa que as previsións non son moi boas, dita Copa ten prevista a sua data pra o vindeiro sabado 3 de xullo as 16:00 h., se coma decimos o tempo non obriga o seu aprazamento. Tentaremos informar istes dias do mantemento da data.

  A Copa Balbina, non e un encontro o estilo tradicional, incorporando novas ideas na maneira de facer ditas xuntanzas. Tratase dun circuito no que van puntuando diferentes encontros a celebrar no Golfo Artabro, ainda que non ai datas definidas celebrarianse unhas regatas en Sada, da que o vindeiro sabado e a primeira, asi coma a Regata de Redes, Regata de Ares, Concentración da Coruña, rematando na Parrocheira en Ferrol, nas que sumanse os puntos ata ter o gañador.

  Tentaremos todos estar alí, dando o noso apoio a toda asociación que co seu traballo fomente a recuperación do noso patrimonio, que e a nosa historia, e niste caso dun veciño Artabro, que co seu traballo está a axudar o mantemento do patrimonio desta pequena illa da vela tradicional que e o Golfo Artabro. 


Publicado en Ruladas, Xeral | Comments Off

A sección pra Vila do Conde.

Escrito por Alberto el 16 Xuño 2010 – 8:44 pm -

O vindeiro fin de semana, membros da nosa sección, desplazaranse ata terras de Portugal, concretamente ata a cidade de Vila do Conde, onde teñen previsto participar, representando o Club do Mar Ferrol, nos VIII Encontro de Embarcaçoes Tradicionais de Vila do Conde, a organizar pola asociación de ex-mariñeiros da armada de Vila do Conde.

Os nosos compañeiros, desprazarán ata o encontro, o “Enxebre”, bote pulpeiro da Ria de Ferrol, que data do ano 1936, que coma moitas das nosas embarcacións, ten tras de si unha fermosa e curiosa historia sobre a sua construcción, pero iso e tema pra outro dia.

Iste encontro ten un cariño especial, pra os membros da sección o ser Vila do Conde cidade irmanada con Ferrol. Bo destiño, pra os amantes das embarcacións tradicionais, que ata alí queiranse desprazar, no fin de semana, os dias 18, 19 e 20 de xuño.

Bo vento, “Enxebre”.




Publicado en Ruladas, Xeral | Comments Off

Xuntanza na Cabana.

Escrito por Alberto el 15 Xuño 2010 – 4:01 pm -

Outro ano mais, o tempo acompañou, e poidemos navegar pola Enseada da Cabana, e disfrutar do comenzo de unha primaveira, que vaise e ven.

E, ainda que non fumos moitos os que atrevimonos a izar velas, cecais por un dia que non remataba de amosar no que final quedou, os poucos que ali estivemos, como todo bon galego diría “os mellores”, amosaron as mais variopintas tipoloxias da nosa Ria, e pola enseada poideronse ver bucetas, medias construccións, botes pulpeiros, dornas… etc. que fan das xuntanzas da Ria de Ferrol as mais diversas, en canto a tipoloxias de embarcacions tradicionais.

Desembarcamos, na ribeira da Cabana, onde a Asociación de Veciños, agardaba cos viveres necesarios pra repoñer forzas, e bos caldos que invitan a conversa, pra agradecerlles que sempre se acorden de nos, e dunhas embarcacións que son parte das suas ribeiras.

So queda agradecementos, os que alí estiveron tanto por mar coma por terra, e invitalos pra o seguinte ano.


Publicado en Ruladas, Xeral | Comments Off