A sección pra Vila do Conde.

Escrito por Alberto o 16 Xuño 2010 – 8:44 pm -

O vindeiro fin de semana, membros da nosa sección, desplazaranse ata terras de Portugal, concretamente ata a cidade de Vila do Conde, onde teñen previsto participar, representando o Club do Mar Ferrol, nos VIII Encontro de Embarcaçoes Tradicionais de Vila do Conde, a organizar pola asociación de ex-mariñeiros da armada de Vila do Conde.

Os nosos compañeiros, desprazarán ata o encontro, o “Enxebre”, bote pulpeiro da Ria de Ferrol, que data do ano 1936, que coma moitas das nosas embarcacións, ten tras de si unha fermosa e curiosa historia sobre a sua construcción, pero iso e tema pra outro dia.

Iste encontro ten un cariño especial, pra os membros da sección o ser Vila do Conde cidade irmanada con Ferrol. Bo destiño, pra os amantes das embarcacións tradicionais, que ata alí queiranse desprazar, no fin de semana, os dias 18, 19 e 20 de xuño.

Bo vento, “Enxebre”.




Publicado por Ruladas, Xeral | Comments Off

Desculpa, os comentarios están cerrados para esta entrada neste momento.