Proxecto DORNA.
Escrito por Alberto o 27 Xuño 2010 – 1:01 pm -A pasada semana, membros da Sección de Vela Tradicional do Club, mantiveron o primeiro contacto cas representantes do Proxecto DORNA (desarrollo organizado y sostenible de recursos do noroeste atlantico, ver enlace nista paxina). Istes contactos teñen coma finalidade a organización, nas datas do encontro da Parrocheira, de diversos actos e mostras a fin de fomentar e difundir o noso patrimonio.
A nosa sección, e a FGCMF, está xa a traballar pra organización do evento, do que algúns xa o definiron coma unhs “mini encontros de embarcacións tradicionais de galicia”. E ainda que a maioria do traballo está por facer, espera xuntar no peirao de Curuxeiras unha mostra de todas as tipoloxias de embarcacións que a dia de hoxe surcan as nosas rias.
A organización do Encontro da Parrocheira conta co apoio, coma en anos pasados, da Autoridade Portuaria de Ferrol, que iste ano está a celebrar o seu centenario, encadrando istes actos ca celebración do mesmo.
Non quedan mais que agradecementos pra Autoridade Portuaria, DORNA, FGCMF, e a todolos participantes nos encontros que celebranse nas nosas rias, que coa sua axuda e traballo está a colaborar co mantemento do noso patrimonio e cultura maritima. Non quedan mais que agradecementos e traballo no que todos estades invitados a participar.
Publicado por Ruladas, Xeral | Comments Off









Desculpa, os comentarios están cerrados para esta entrada neste momento.