O Bailón de novo a flote

Escrito por Alberto o 14 Xullo 2010 – 9:19 pm -

A pasada semana, tras un “preestreo” nunha Parrocheira ca memoria e o tempo impideme lembrar, tras longos anos de recuperación e traballo pra rematar os detalles, ¡por fin! o noso compañeiro Juan Carlos, rematou O Bailón.

Nun correo enviado polo seu patrón agradece toda a colaboración prestada os membros da sección, e en especial a Bedoya, jose, Nes e Roberto, e a Fina pola paciencia que tivo mentres estivo no “varadeiro”, O`diaño.

Notanse, mais quizas no seu interior, os anos que levou iste traballo, que a piques estivo de formar xeracións enteiras na reconstruccions de embarcacións, so ai que botar unha ollada o seu “cadro de mandos”, sen duvida dos mais completos de toda canta embarcación surcan as nosas rias,  pra darse conta do cariño e tesón posto por Juan na sua embarcación.

Bo vento Juan, esperamoste na Ria.


Publicado por Xeral | Non hai Comentarios »

Deixa un Comentario