¡A Redes 2010!

Escrito por Alberto o 25 Xullo 2010 – 9:50 am -

Un ano mais, tiñamos unha invitación pra poder estar, nun dos pobos mais fermosos de Galicia, como desaproveitar a oportunidade non precisou de moita organización, so de soltar amarras e as 9:00 h. da maña do sabado fixemonos a mar.


Dista volta xuntamonos tres embarcacións, que a titulo particular representando o noso club, puxemos rumbo a veciña ria pra disfrutar dun bonito dia, sol e bo vento, ¿que mais se lle podia pedir?.

Coma dixemos zarpamos de Curuxeiras, O Pajarito, O Bote de Pao e O Canouro, dista volta contamos cun invitado de excepción pra a ruta o compañeiro Regino do C.M. de Redes acompañounos nista viaxe, unha honra pra nos.


A viaxe non comenzaba moi boa pra O Pajarito,  despois de unha semana en “tratamiento”, xa en Sada dera mostras de “malestar”, foi sair de Curuxeiras e de novo “Fredy” fallou, so quedame pensar que e vagancia ou morriña de abandoar a ria, e embragalo e non quere, non quere e non quere, pero decidido iste luns vai pra “clinica”. Gracias O Bote de Pao, e a uns vinte metros de cabo, poido estar en Redes.





O mar e o vento acompañouno pra o camiño e en pouco tempo, atopabamos a Ria de Ares, con vento frouxo, iste estaba pedido pra a tarde, unhas caceas “amenizaronos” a ruta, a lexislación non permite nombrar o que ali “ferrou”.



As 11.30 h. atopabamonos xa disfrutando da brisa de Redes, onde anunciando a nosa chegada izamos velas, e a disfrutar. Tras fondear diante do pobo todo foron atencións con nos recollendonos e pra apagar a sede disfrutamos dos ricos zumes de cebada das suas pousadas. Mención especial aparte temos pra o S. Mansi, que acolleunos na sua casa coma uns mais da sua familia, e encheu o nosos corpos con unha mostra do que o arte na cociña, noraboa e gracias.





A tarde, o pobo respiraba brea e salitre, todo era movemento no mar e unha vez mais, Caamouco deunos unha lección de organización, saimos na hora pra duas voltas de disfrute, gran participación e como sempre no Artabro gran variedade de tipoloxias, un disfrute pra vista.








Disfrutamos toda a tarde, no mar e en terra, nista terra que e moi recomendable pra calquera que guste da tranquilidade e o vello sabor mariñeiro dos pobos de Galicia, boas obras deixaron o pobo precioso e libre de trafico pra camiñar polas suas ruas, en cada esquiña descubrese unha “estampa”. Saimos do mar e de novo encheron a mesa con pinchos e caldos, nun bonito local, recentemente inagurado, entrega de agasallos e non fumos quen de voltar pra Curuxeiras e aproveitandonos de tanta  hospitalidade, ali quedaron as embarcacións e parte da nosa xente, ata o luns. Pra disfrutar dun pobo que e mellor vivilo despacio, con tempo.

Gracias a todos.













Publicado por Xeral | 1 Comentario »


Unha Resposta en “¡A Redes 2010!”

  1. Por Regino - Ago 6, 2010 | Responder

    Gracias polo cumplido, foi todo un pracer e unha honra ir con vós…. lástima de vento.

Deixa un Comentario