Proxecto DORNA.
Escrito por Alberto el 27 Xuño 2010 – 1:01 pm -A pasada semana, membros da Sección de Vela Tradicional do Club, mantiveron o primeiro contacto cas representantes do Proxecto DORNA (desarrollo organizado y sostenible de recursos do noroeste atlantico, ver enlace nista paxina). Istes contactos teñen coma finalidade a organización, nas datas do encontro da Parrocheira, de diversos actos e mostras a fin de fomentar e difundir o noso patrimonio.
A nosa sección, e a FGCMF, está xa a traballar pra organización do evento, do que algúns xa o definiron coma unhs “mini encontros de embarcacións tradicionais de galicia”. E ainda que a maioria do traballo está por facer, espera xuntar no peirao de Curuxeiras unha mostra de todas as tipoloxias de embarcacións que a dia de hoxe surcan as nosas rias.
A organización do Encontro da Parrocheira conta co apoio, coma en anos pasados, da Autoridade Portuaria de Ferrol, que iste ano está a celebrar o seu centenario, encadrando istes actos ca celebración do mesmo.
Non quedan mais que agradecementos pra Autoridade Portuaria, DORNA, FGCMF, e a todolos participantes nos encontros que celebranse nas nosas rias, que coa sua axuda e traballo está a colaborar co mantemento do noso patrimonio e cultura maritima. Non quedan mais que agradecementos e traballo no que todos estades invitados a participar.
Publicado en Ruladas, Xeral | Comments Off
II Copa Balbina de vela tradicional.
Escrito por Alberto el 27 Xuño 2010 – 12:20 pm -Chegan novas dende a veciña Ria, Os Patexeiros de Sada, asociación de recente entrada na FGCMF, està a organizar a II edición da Copa Balbina de vela tradicional, a que invitanos a todos a participar.
Ainda que o tempo ten que decir a última palabra, xa que as previsións non son moi boas, dita Copa ten prevista a sua data pra o vindeiro sabado 3 de xullo as 16:00 h., se coma decimos o tempo non obriga o seu aprazamento. Tentaremos informar istes dias do mantemento da data.
A Copa Balbina, non e un encontro o estilo tradicional, incorporando novas ideas na maneira de facer ditas xuntanzas. Tratase dun circuito no que van puntuando diferentes encontros a celebrar no Golfo Artabro, ainda que non ai datas definidas celebrarianse unhas regatas en Sada, da que o vindeiro sabado e a primeira, asi coma a Regata de Redes, Regata de Ares, Concentración da Coruña, rematando na Parrocheira en Ferrol, nas que sumanse os puntos ata ter o gañador.
Tentaremos todos estar alí, dando o noso apoio a toda asociación que co seu traballo fomente a recuperación do noso patrimonio, que e a nosa historia, e niste caso dun veciño Artabro, que co seu traballo está a axudar o mantemento do patrimonio desta pequena illa da vela tradicional que e o Golfo Artabro.
Publicado en Ruladas, Xeral | Comments Off
A sección pra Vila do Conde.
Escrito por Alberto el 16 Xuño 2010 – 8:44 pm -
O vindeiro fin de semana, membros da nosa sección, desplazaranse ata terras de Portugal, concretamente ata a cidade de Vila do Conde, onde teñen previsto participar, representando o Club do Mar Ferrol, nos VIII Encontro de Embarcaçoes Tradicionais de Vila do Conde, a organizar pola asociación de ex-mariñeiros da armada de Vila do Conde.
Os nosos compañeiros, desprazarán ata o encontro, o “Enxebre”, bote pulpeiro da Ria de Ferrol, que data do ano 1936, que coma moitas das nosas embarcacións, ten tras de si unha fermosa e curiosa historia sobre a sua construcción, pero iso e tema pra outro dia.
Iste encontro ten un cariño especial, pra os membros da sección o ser Vila do Conde cidade irmanada con Ferrol. Bo destiño, pra os amantes das embarcacións tradicionais, que ata alí queiranse desprazar, no fin de semana, os dias 18, 19 e 20 de xuño.
Bo vento, “Enxebre”.
Publicado en Ruladas, Xeral | Comments Off
Xuntanza na Cabana.
Escrito por Alberto el 15 Xuño 2010 – 4:01 pm -
Outro ano mais, o tempo acompañou, e poidemos navegar pola Enseada da Cabana, e disfrutar do comenzo de unha primaveira, que vaise e ven.
E, ainda que non fumos moitos os que atrevimonos a izar velas, cecais por un dia que non remataba de amosar no que final quedou, os poucos que ali estivemos, como todo bon galego diría “os mellores”, amosaron as mais variopintas tipoloxias da nosa Ria, e pola enseada poideronse ver bucetas, medias construccións, botes pulpeiros, dornas… etc. que fan das xuntanzas da Ria de Ferrol as mais diversas, en canto a tipoloxias de embarcacions tradicionais.
Desembarcamos, na ribeira da Cabana, onde a Asociación de Veciños, agardaba cos viveres necesarios pra repoñer forzas, e bos caldos que invitan a conversa, pra agradecerlles que sempre se acorden de nos, e dunhas embarcacións que son parte das suas ribeiras.
So queda agradecementos, os que alí estiveron tanto por mar coma por terra, e invitalos pra o seguinte ano.
Publicado en Ruladas, Xeral | Comments Off
Os Patexeiros, novo membro da FGCMF.
Escrito por Alberto el 5 Xuño 2010 – 12:10 pm -
Undos puntos do dia, da asamblea da FGCMF, foi ratificar a petición de entrada da asociación Os Patexeiros de Sada.
Como non podia ser doutro xeito, foi a nosa obriga e a do resto das asociacións dar entrada na Federación a todo aquel que loite pola recuperación do noso patrimonio. Ista incorporación alegranos mais, se cabe, xa que a petición deles exercimos de “padriños” pra sua presentación, e por suposto, neste caso, mais ledicia, o tratarse da nosa Ria veciña, que pon outra pica nun pobo dista “illa patrimonial”, que son as Rias Altas.
Felicidades veciños, e benvidos a nosa pequena, “gran” familia.
http://patexeiros.blogspot.com/
Publicado en Xeral | Comments Off
Os, X Encontros de Embarcacións tradicionais de Galicia, xa teñen sede.
Escrito por Alberto el 5 Xuño 2010 – 11:05 am -
Onte en Cambados, a asamblea da FGCMF, tiña en un dos seus puntos do dia, situar os X Encontros de embarcacións tradicionais de Galicia, a celebrar no vindeiro ano 2011.
Tras unha contundente presentación a cargo da A C D Rompetimons e representantes do Concello, que non deixaron lugar a dudas, a Asamblea non quedoulle mais que ratificar o bo traballo feito, e ditos Encontros xa teñen sede en Carril.
Non quedanos mais que dar todo o noso apoio, a unhs encontros loitados durante anos e a un pobo, Carril, co que as asociacións que compoñen a FGCMF, tiñan unha conta pendente, loitada dende os encontros de Ferrol.
Todo bo traballo ten que ter a sua recompensa, Felicidades Carril, vemonos no 2011, nos X Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, Alí estaremos.
Bo Vento.
http://rompetimons.blogspot.com/
Publicado en Xeral | Comments Off
“As Netas”, o mar.
Escrito por Alberto el 29 Maio 2010 – 9:56 am -
E, sen sair do peirao da vila da Graña, poidemos ver xa arbolada, a embarcación recuperada por Lino&fillo. Ista ten previsto ire o mar pra o vindeiro luns 31-5-2010.
Sempre e bon ter noticias de unha nova recuperación, ainda que ista faga pensar onde pode estar a liña que separa o tradicional e a modernidade, pero isto sempre seguira a ser un tema moi persoal, e sempre teremos exemplos de tipos de embarcacións que montaban iste ou outro tipo de aparellos. Pero o dito, sempre e ledicia pra nos, a recuperación de calqueira embarcación da nosa ou outras Rias, que de non sere asi, morrerian, de seguro, nas ribeiras de Galicia.
Noraboa Lino e bo vento.
Publicado en Nova recuperación | Comments Off
Comenzou a reparación do Novemetros
Escrito por Alberto el 29 Maio 2010 – 9:30 am -
No peirao da Graña, diron comenzo ista semana, as obras pra reparar o Novemetros, unha das embarcacións do clube. Istas se están levando a cabo por Salvador, axudado por algúns membros da sección.
O inverno que nos tocou, foi o principal causante da tardanza de ditas obras. Esperamos velo pronto a navegar polas augas da Ria.
Publicado en Xeral | Comments Off
Felicitacións de Lefre
Escrito por Alberto el 21 Maio 2010 – 3:40 pm -A asociación cultural, Lefre de Caldereta, fixo chegar un escrito a nosa sección, agradecendo o apoio da mesma os actos, polo dia das letras galegas, e a nosa presenza no evento "MAREANDO AS NOSAS LETRAS. omarenosopatrimonio", convocado por dita asociación.
O agradecemento e mutuo.
Publicado en Xeral | Comments Off
Alí estivemos.
Escrito por Alberto el 17 Maio 2010 – 7:24 pm -
Coma non podia ser doutro xeito, alí estivemos nos, defendendo o noso patrimonio e amosando parte da cultura maritima da nosa Ria.
Ainda ca invitación de Lefre de Caldereta, chegou con pouco tempo pra organizarse. cinco embarcacións, de diferente tipoloxia, representaron a nosa sección na xuntanza.
Logo de sair do mar, a festa continuou nas ruas de Ferrolvello, onde as gaitas e guitarras, asi coma as voces dos participantes, soaron no peirao, dandolle a xornada un ambiente festivo e mariñeiro.
As nosas felicitacións os impulsores distas xornadas, que esperemos que sigan a celebrare pra anos venideiros.
Publicado en Xeral | Comments Off













